O pleno de Santiago aproba solicitar á Xunta declarar o concello como "zona de mercado residencial tensionado", o que permitiría intervir para limitar os prezos do alugueiro o abeiro da lei estatal de vivenda. A iniciativa, formulada polo PSdeG local, recibiu o apoio das dúas forzas que conforman o goberno, BNG e CA, xa que o gabinete de Goretti Sanmartín xa tiña "intensión de solicitar esta declaración" malia aos "obstáculos" do Goberno galego, resaltan. O pasado outubro, tras recibir unha solicitude neste sentido do Concello da Coruña, a Xunta desbotou atendela.
- Escalada de prezos de alugueiro e compra e pisos turísticos: a vivenda convértese nun dos problemas de Galicia e entra en campaña
- A vivenda protexida remata outra lexislatura galega en mínimos malia ao impulso dos fondos da UE
- HEMEROTECA | A Xunta di que podería limitar os alugueiros no 30% dos concellos pero rexéitao e culpa á "inconcreción" da lei estatal