Xunta, Rexión Norte de Portugal e Concello do Porto reclaman "un calendario de investimentos e obras" para a liña ferroviaria de alta velocidade entre Vigo e a cidade portuense. Nun acto organizado polo Goberno galego, Rueda sinala que non é "aceptable" que "a conexión prioritaria sexa con Madrid mentres a Eurorrexión segue esperando". Este pasado luns o secretario de Estado de Transportes do Goberno de España, José Antonio Santano, asegurou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que "o compromiso" do Executivo español é "ter lista" esta liña "no ano 2030". Na última cimeira ibérica Pedro Sánchez estimara a conexión galego-portuguesa para dous anos despois, en 2032, como esixira Rueda. [Imaxe: CC BY-SA Xunta]
- HEMEROTECA | Portugal prioriza o AVE Vigo-Porto e España sitúao dous anos despois do Madrid-Lisboa
- HEMEROTECA | Rueda dá por feito que o novo goberno conservador portugués terá o AVE ata o Miño en 2032 e esixe o mesmo a Madrid
- HEMEROTECA | Tren Porto-Vigo nunha hora en 2030: o novo plan de Portugal aínda "dependente de articulação com Espanha"