Leiro, con 38,2 graos, marcou o pico de temperatura deste caloroso luns na maior parte de Galicia. Seguiuno a máxima da cidade de Ourense, con 37,6 graos ,e mais os 36,7 de Salceda de Caselas, segundo MeteoGalicia. Só A Mariña e puntos da Costa da Morte, pola circulación do nordés, ficaron á marxe do ambiente caloroso. Para este martes MeteoGalicia ten activos avisos amarelos por calor no interior ourensán e por treboadas, en gran parte da provincia de Pontevedra.
- HEMEROTECA | Galicia vive o terceiro xaneiro máis cálido en 60 anos en plena campaña para vendela como "refuxio climático"
- HEMEROTECA | A Xunta presenta o cambio climático como unha oportunidade para o turismo en Galicia
- HEMEROTECA | Dos 25,5 graos na Mariña aos 37,5 en Ourense: cando a calor fai saltar a alerta sanitaria
