As probas de ADN confirman que os dous corpos que o pasado 31 de maio foron atopados nun coche queimado en Campo Lameiro corresponden ao home a á muller de Moraña que se atopaban desaparecidos, el con condenas por violencia machista e unha sucesión de episodios de malos tratos contra ela que motivaran a concesión dunha orde de protección. Os colectivos feministas convocan concentracións de repulsa en cidades e vilas galegas ante o posible feminicidio este xoves.
