O PP impide que Rueda compareza xa no Parlamento sobre o caso Villares. O BNG forzou unha convocatoria urxente da Xunta de portavoces da Cámara este martes para solicitar que o presidente explicara no pleno "por que encubriu durante meses un presunto agresor sexual". A viceportavoz parlamentaria do Bloque, Olalla Rodil, considera "gravísimo e escandaloso" este "veto" do PP. [📸 CC-BY-NC-SA David Cabezón - Xunta]
